Amosando publicacións coa etiqueta Pretempada 12 13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pretempada 12 13. Amosar todas as publicacións

Remate perfecto da pretempada

A Esedé xogou hoxe o último amigable da pretempada a falta de sete días para o comezo da competición oficial. Partido fácil para os nosos en Negreira contra o novo equipo de Rego, titular, cun bo resultado, positivo. Joselu confirmouse máximo goleador do equipo nesta fase de preparación ao firmar dous goles máis. Diego Peláez tamén se confirmou como unha das grandes incorporacións con un gol máis. 
O comezo non o foi o mellor posible. Ao pouco de comezar, Mariño lesionouse. Pero por fortuna, pouco antes do descanso, Joselu firmou o primeiro, sobrepasada a media hora de xogo e despois dunha boa xogada individual de Martín pola banda. 
E, xusto antes do descanso, o ex do Cerceda ampliou diferencias poñendo o 0-2 ao descanso a favor da Esedé. 
Na segunda metade non pasou nada destacable ata os últimos quince minutos. O Negreira mellorou notablemente e a superioridade compostelanista non foi tan significativa nos segundos corenta e cinco minutos. Incluso Matelo chegou a poñer en apuros ao equipo dirixigo por Anxo Casalderrey cun gol a falta dun cuarto de hora. Pero no último minuto apareceu Diego Peláez desfacendo as dúbidas sobre o resultado final.
Nova victoria da Esedé que pecha a pretempada con seis victorias, dous empates e só unha derrota, contra o Racing de Ferrol en Cedeira. Ademais proclamouse campión da Copa Deputación. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Rendo, Jimmy, Manuel Castiñeiras, Mariño, Bautista; Franqueira, Jacobo Tato; Joselu, Louro e Martín. Tamén xogaron: Pablo, Kolman, Uru e Nogueira. 
CARTÓNS: Ningún.
GOLES: 0-1 25' Joselu, 0-2 35' Joselu, 1-2 74' Matelo, 1-3 89' Diego Peláez.
ESTADIO: Xesús García Calvo. 200 espectadores.

Primeira derrota da pretempada

O Compos xa sabe o que é perder tras caer goleado contra o Racing de Ferrol no segundo partido entre ambos en catro días. Un equipo con xogadores que non xogaron onte contra o Fabril e algunha que outra novidade ademais das dúas últimas fichaxes. A mala nova non foi a derrota senón que Catú, no seu retorno á SD lesionouse. Nas próximas horas coñeceremos a gravidade da lesión da estrela compostelanista. 
Con Catú e Gonzalo de titulares, a Esedé disputou o seu séptimo partido de pretempada. Coas pernas moi sobrecargadas de tanto partido e adestramentos, os nosos apenas puideron facer fronte a un Racing moi superior cos titulares. 
Sobrepasado o cuarto de hora de xogo puxéronse por diante os ferroláns cun gol de Rubén. Así demostraron máis aínda a superioridade que puido verse sobre o terreo de xogo ante un Compos que pouco puido facer para evitalo. E para rematar o primeiro tempo, nun lance contra Manu Barreiro lesionouse Catú. 
Xa no segundo tempo as cousas foron a peor. En cuestión de segundos chegou o segundo dos racinguistas, por medicación de Marcos Álvarez. Sen atopar solucións, o Racing seguiu dominando e á media hora do segundo tempo fixeron o terceiro co que, se non estaba xa, sentenciaron o partido. 
O único bo chegou case ao final do encontro co gol de Franqueira co que o Compos puxo o 1-3 definitivo. 
O próximo partido, e último da pretempada, este domingo en Negreira. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Manuel Castiñeiras (Franqueira, min. 68), Catú (Bautista, min. 41), Pablo Vidal (Germán, min. 68); Nogueira (Joselu, min. 68), Gonzalo (Peláez, min. 68), Manu Rodríguez (Kolman, min. 57), Louro; Jacobo e Uru. 
CARTÓNS: Amarelos para Nogueira e Uru.
GOLES: 1-0 17' Rubén, 2-0 47' Marcos Álvarez, 3-0 75' Jorge Rodríguez, 3-1 88' Franqueira. 
ESTADIO: O Beco. 300 espectadores.

Só quedan dous partidos...

O Compos está moi preto de rematar una pretempada triunfal chea de victorias e sen derrotas. Unha temporada triunfal aínda sen o xogo deseado pola afección de San Lázaro. Para isto quedan dous partidos importantes e complicados contra dous equipos de Terceira. Racing de Ferrol en Cedeira e o Negreira no García Calvo. 
Do Racing non queda nada máis que dicir. Está moi fresco todavía o partido de semifinais da Copa Deputación do pasado domingo entre compostelanistas e ferroláns. Só catro días despois, e un día despois de lograr o título de Campión da provincia. Sen embargo esta vez o partido será en Cedeira, nun terreo de xogo de herba natural. 
E o domingo chegará o último partido da pretempada do Compos. Rematarase a preparación previa á tempada contra o Negreira de Rego e Paco, que aínda non se sabe se poderá xogar xa que depende do Compos. 
Contra o Racing, será a Final do Trofeo de Cedeira ás 18:30h. E o partido en Negreira será o domingo ás 19:00h. 

Chegou a hora!

Este mércores chega un novo gran partido. Despois de superar ao Racing en Santa Isabel, o Compos terá que enfrontarse ao filial do Deportivo na gran Final da Copa Deputación 2012. Ante un rival de gran nivel que, ao igual que o Racing e o Compos, estará nos postos altos da clasificación intentando loitar por ese ansiado ascenso a Segunda B. 
O Fabril, ao igual que nós, tamén tivo un duro camiño ata chegar a esta gran Final entre dous equipos que non se caracterizan por unha boa relación entre as súas afeccións. Os coruñeses chegan despois de derrotar no García Calvo ao Negreira por só cero goles a un, gol de Óscar Vidal en propia meta. Ademais, nas fases anteriores, derrotaron por un contundente 0-6 ao Vizoño en oitavos e 0-3 ao Carral en cuartos.
Pola súa parte, o Compos non fixo máis que comezar unha tempada triunfal con chegada en Segunda B. Facendo una pretempada perfecta, os de Anxo Casalderrey aínda non coñecen a derrota a falta de tres partidos amigables para o comezo da Liga na casa do Somozas o domingo 26. 
Para este partido ambos equipos contan con baixas importantes. Pola parte deportivista, varios xogadores están adestrando baixo o mando de Oltra, polo que a súa presencia está descartada. E dos nosos de momento só hai que descartar a Tachi, ao que desde aquí lle quero dexexar unha pronta recuperación. Pero as convocatorias para este torneo fórmanas só 16 xogadores, once do equipo titular e cinco suplentes entre os que se ten que atopar un porteiro, así que haberá máis baixas dependendo do que decidan os adestradores antes do partido. 
Que ninguén olvide que será en Cerceda, no campo de O Roxo ás 19h. As entradas, como ata agora, a 6 euros, prezo máis que asequible para o partidazo que nos agarda. 

Unha final anticipada

Coa dolorosa saída de Paco do Compos na cabeza, é turno de poñer a mente no partido deste domingo. O Racing de Ferrol volverá a ser rival da Esedé tres temporadas máis tarde tanto agora, na Copa Deputación, como na Liga. Un dos rivais favoritos para estar no máis alto ao final da tempada. Un dos favoritos para voltar a Segunda B. Posiblemente o equipo de Terceira que mellor se reforzou de cara a esta tempada. Pero enfronte estará a Esedé. Un equipo a ter sempre en conta e que sen dúbida loitará por estar no máis alto e voltar á categoría maldita por duodécima vez na historia.
Sen Tachi, voltaremos a ver un gran partido ante un dos mellores equipo de Galicia. Un rival ao que xa vencimos na Segunda B tanto na Malata como en San Lázaro. Pero agora todo é diferente. Os dous están unha categoría por debaixo e as intencións son de ascender quedando no mellor posto posible. 
Para isto os dous equipos reforzáronse bastante ben cambiando case medio equipo. No Compos todos coñecemos as novas incorporacións ás que hai que sumar as de Catú e Gonzalo. Mentres que no Racing destaca a contratación do ex dianteiro do Pontevedra Manu Barreiro, que sonou para a Esedé. 
Por desgracia, a parte da baixa de Tachi, a plantilla do Compos non poderá estar aínda ao cen por cen. A estas alturas da pretempada, o equipo estase cargando de partidos e adestramentos e as sobrecargas musculares chegan aos xogadores da Esedé. Se hai máis baixas, non as coñeceremos ata o mesmo día do partido. 
Será ás 20h en Santa Isabel. As entradas, ao igual que nos partidos anteriores, a 6€. Así que... todos a Santa Isabel! O Compos necesítanos!

A un paso de semifinais

O Compos está só a un paso das semifinais, que se presumen complicadas e interesantes. Pero antes toca saír de Santiago rumbo a Arteixo, onde os nosos veranse as caras co Atlético Arteixo, equipo da Primeira Rexional. 
Os albivermellos veñen de verse as caras co Galicia Mugardos, de Rexional Preferente. Demostraron ser fortes na casa eliminando ao ex rival do Compos nos noventa minutos cun 2-1. E na fase anterior o caído foi o Noia, tamén de Primeira Rexional e que o ano pasado eliminou ao Compos desta competición, nos penaltis. 
Pola súa parte, e como todos sabemos, o Compos segue con paso firme na pretempada. Dúas victorias e dous empates avalan ao equipo de Anxo Calderrey cun bo xogo pero sen forzar demasiado a máquina, algo complicado a estas alturas. 
O partido será este mércores ás 20:30 horas no Campo de Ponte dos Brozos, onde o Compos xogará por primeira vez na Copa Deputación sobre césped e non en herba artificial como en Santa Isabel. Ademais o vencedor enfrontarase o domingo contra o Racing de Ferrol ou o Grixoa. 

O Compos parte como favorito para pasar a cuartos

A Esedé parte como favorita no partido que enfrontará ao Compos co Dorneda este domingo no campo de Santa Isabel, ao igual que a pasada semana ante o Victoria CF. Bo partido entre dous equipos de Terceira que xa se viron as caras fai dúas tempadas en Preferente con dúas victorias para o cadro do concello de Oleiros por 2-1 en O Codesal e 0-1 en San Lázaro anotando Roberto Piñeiro o único gol para os santiagueses. 
Pero agora as cousas son moi diferentes. O Dorneda ven de facer unha tempada regular en Terceira rematando na undécima posición da clasificación. Pola súa parte, e como todos sabemos, a Esedé fixo unha temporada case perfecta en Preferente non só logrando o ascenso senón ademais cun xogo moi vistoso que namorou a toda a afección compostelanista. 
Para este partido, o Compos chega con uns días máis de descanso despois de non ter que xogar ningún partido entre semana e poder preparar ben este. O Dorneda, en cambio, tivo que chegar aos penaltis este mércores para gañar ao Betanzos no seu enfrontamento no partido da Copa Deputación. 2-2 ao final do tempo reglamentario, ambos goles de Efren para os locais, fixeron que tivera que decidirse todo desde os once metros, onde a sorte sorriu aos da casa levándose o partido por 4 penaltis transformados ante 3 do Betanzos. 
Ao igual que o Compos, o Dorneda aínda non perdeu ningún partido. 0-0 contra o Sporting de Sada e 0-3 contra o San Tirso, os dous de divisións inferiores. E, para mellorar as cousas, será unha forma de ver tamén como podería ser a segunda xornada do Compos na que se verán as caras en San Lázaro.
O partido será este domingo ás 20:00 horas en Santa Isabel, ao igual que toda a pretempada do Compos. 

O Compos non pode levarse o Torneo de Praíña

O Compos segue sen perder na pretempada a pesar de ter que xogar dous días consecutivos. Un día despois dun gran partido ante o Victoria en Santa Isabel, os santiagueses tiveron que ir a Pontevea para desputar o Torneo de Praíña. 
Os de Casalderrey non puideron rematar alzando o trofeo, que finalmente levou o Pontevedra pola diferencia de goles xa que nos tres partidos o único que puidemos ver foron empates nos 45 minutos que durou cada partido. Aínda así a Esedé demostrou un gran nivel contra dous equipos que, á igual que os santiagueses, loitarán por estar na parte alta da clasificación ao final de la tempada. 
No primeiro, contra o Pontevedra e con Catú no once inicial, adiantáronse primeiro os granates e empatou a Esedé por medio de Uru. Ao remate, con empate a un gol, a primeira victoria decidiuse a penaltis decantándose a balanza polos pontevedreses.
Ademais o partido entre granates e coruñeses, o segundo partido da tarde, tamén rematou co mesmo resultado pero esta vez o vencedor na tanda desde os once metros foi o Deportivo B. 
E para rematar o torneo, a Esedé sumou un novo empate contra o Fabril pero esta vez sen goles. Pechou o partido unha nova tanda de penaltis, a terceira, na que esta vez o gañador foi o Compos por 3-2.


ALIÑACIÓN: Adrián; Borja Facal, Jimmy, Rendo, Catú; Manu Rodríguez, Jacobo, Kolman; Ekedi, Uru e Louro. 
GOLES: 0-1 Moisés Pereiro, 1-1 Uru.


ALIÑACIÓN: Adrián; Rendo, Pablo, Germán, Paco; Manu Rodríguez, Mariño, Jimmy; Nogueira, Peláez e Kolman.
GOLES: 0-0.

Aumenta o traballo

A Esedé leva traballando uns días e este fin de semana, o último do mes de xullo, chega o traballo máis duro. Comeza o máis duro para o equipo de Anxo Casalderrey que terá que facer algo moi pouco habitual no fútbol campo. Trátase de ter que afrontar dous partidos en cuestión de 24 horas e ademais xusto despois dunhas boas vacacións e sen case tempo de adestrar, razón suficiente para que algún xogador se leve un pequeno susto se non adestrou algo este verán. 
O sábado, 28, o Compos terá que verse as caras co Victoria coruñés. O equipo do norte de Galicia será o primeiro rival dos nosos esta pretempada na Copa Deputación, que xogan equipos de Terceira, Preferente e Primeira Autonómica. 
En Santiago xa disfrutamos deste torneo o ano pasado cun partido ante o Noia en Santa Isabel que acabou perdendo o Compos pola mínima. Pero este ano todo é diferente. Hai dúas categorías de diferencia e ademais o equipo branquiazul conta cunha ambición importante por sumar os partidos por victorias. 
O rival, o Victoria CF, rematou a pasada tempada na 15ª posición da clasificación, a un posto do descenso e para esta campaña xa contan cun bo número de incorporacións, que poderían estrearse na casa ante o Campión da Preferente e un dos favoritos para o ascenso a Segunda B. 
O partido, que tivo que retrasarse un día polo triangular que xogará o Compos o domingo en Pontevea, será ás 19 horas e as entradas, ao igual que en toda a competición, están a 6€ menos para os nenos, que entran gratis. 

Pontevea, o primeiro gran torneo

O sábado 28 deste mes, o Compos xogará a primeira rolda da Copa Deputación ante o Victoria en A Coruña. Pero só un día despois chega o primeiro torneo importante en Pontevea. Non se trata dun campionato de nivel pero si contará con rivais de gran nivel. 
Non presumen de ser equipos de Primeira ou Segunda, pero son dous dos equipos contra os que este ano a Esedé loitará polos primeiros postos da táboa. Trátase do Pontevedra e o Deportivo B, dous dos favoritos xunto co Compos, o Celta B e o Racing de Ferrol para loitar polo retorno a Segunda B.
O Pontevedra chega despois de ter que desfacerse dos xogadores con máis salario debido á crise que azota a economía española e galega. Aínda así reforzáronse moi ben de cara a esta tempada prometedora con grandes equipos en Terceira. Entre as baixas destaca a do dianteiro Manu Barreiro e ás que se uniron as baixas de Nogueira e Adrián Laureda rumbo a Santiago.
Pola súa parte, o Fabril tamén se desfixo de bos xogadores pero ao igual que o Compos fixo un gran equipo co que loitar de novo por estar nos catro primeiros postos que non puideron ocupar esta pasada campaña. 
O Compos abrirá o Torneo contra o Pontevedra ás 6 e media (18:30h). Unha hora máis tarde os granates xogarán o seu segundo partido contra o filial do Depor (19:30h). E pecharán o Triangular o Compos e o Fabril (20:30h). Ao remate do partido entre composteláns e coruñeses chegará a entrega de trofeos (21:30h) na que esperemos ver a Manuel Castiñeiras levantando o trofeo de Campións. 
O prezo das entradas todavía non se coñece pero o 10% do recadado irá destinado para a Asociación de Pais de Minusválidos de Teo. Unha boa causa que merece a axuda de todos.