A Esedé parte como favorita no partido que enfrontará ao Compos co Dorneda este domingo no campo de Santa Isabel, ao igual que a pasada semana ante o Victoria CF. Bo partido entre dous equipos de Terceira que xa se viron as caras fai dúas tempadas en Preferente con dúas victorias para o cadro do concello de Oleiros por 2-1 en O Codesal e 0-1 en San Lázaro anotando Roberto Piñeiro o único gol para os santiagueses.
Pero agora as cousas son moi diferentes. O Dorneda ven de facer unha tempada regular en Terceira rematando na undécima posición da clasificación. Pola súa parte, e como todos sabemos, a Esedé fixo unha temporada case perfecta en Preferente non só logrando o ascenso senón ademais cun xogo moi vistoso que namorou a toda a afección compostelanista.
Para este partido, o Compos chega con uns días máis de descanso despois de non ter que xogar ningún partido entre semana e poder preparar ben este. O Dorneda, en cambio, tivo que chegar aos penaltis este mércores para gañar ao Betanzos no seu enfrontamento no partido da Copa Deputación. 2-2 ao final do tempo reglamentario, ambos goles de Efren para os locais, fixeron que tivera que decidirse todo desde os once metros, onde a sorte sorriu aos da casa levándose o partido por 4 penaltis transformados ante 3 do Betanzos.
Ao igual que o Compos, o Dorneda aínda non perdeu ningún partido. 0-0 contra o Sporting de Sada e 0-3 contra o San Tirso, os dous de divisións inferiores. E, para mellorar as cousas, será unha forma de ver tamén como podería ser a segunda xornada do Compos na que se verán as caras en San Lázaro.
O partido será este domingo ás 20:00 horas en Santa Isabel, ao igual que toda a pretempada do Compos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario