Remate perfecto da pretempada

A Esedé xogou hoxe o último amigable da pretempada a falta de sete días para o comezo da competición oficial. Partido fácil para os nosos en Negreira contra o novo equipo de Rego, titular, cun bo resultado, positivo. Joselu confirmouse máximo goleador do equipo nesta fase de preparación ao firmar dous goles máis. Diego Peláez tamén se confirmou como unha das grandes incorporacións con un gol máis. 
O comezo non o foi o mellor posible. Ao pouco de comezar, Mariño lesionouse. Pero por fortuna, pouco antes do descanso, Joselu firmou o primeiro, sobrepasada a media hora de xogo e despois dunha boa xogada individual de Martín pola banda. 
E, xusto antes do descanso, o ex do Cerceda ampliou diferencias poñendo o 0-2 ao descanso a favor da Esedé. 
Na segunda metade non pasou nada destacable ata os últimos quince minutos. O Negreira mellorou notablemente e a superioridade compostelanista non foi tan significativa nos segundos corenta e cinco minutos. Incluso Matelo chegou a poñer en apuros ao equipo dirixigo por Anxo Casalderrey cun gol a falta dun cuarto de hora. Pero no último minuto apareceu Diego Peláez desfacendo as dúbidas sobre o resultado final.
Nova victoria da Esedé que pecha a pretempada con seis victorias, dous empates e só unha derrota, contra o Racing de Ferrol en Cedeira. Ademais proclamouse campión da Copa Deputación. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Rendo, Jimmy, Manuel Castiñeiras, Mariño, Bautista; Franqueira, Jacobo Tato; Joselu, Louro e Martín. Tamén xogaron: Pablo, Kolman, Uru e Nogueira. 
CARTÓNS: Ningún.
GOLES: 0-1 25' Joselu, 0-2 35' Joselu, 1-2 74' Matelo, 1-3 89' Diego Peláez.
ESTADIO: Xesús García Calvo. 200 espectadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario