Este mércores chega un novo gran partido. Despois de superar ao Racing en Santa Isabel, o Compos terá que enfrontarse ao filial do Deportivo na gran Final da Copa Deputación 2012. Ante un rival de gran nivel que, ao igual que o Racing e o Compos, estará nos postos altos da clasificación intentando loitar por ese ansiado ascenso a Segunda B.
O Fabril, ao igual que nós, tamén tivo un duro camiño ata chegar a esta gran Final entre dous equipos que non se caracterizan por unha boa relación entre as súas afeccións. Os coruñeses chegan despois de derrotar no García Calvo ao Negreira por só cero goles a un, gol de Óscar Vidal en propia meta. Ademais, nas fases anteriores, derrotaron por un contundente 0-6 ao Vizoño en oitavos e 0-3 ao Carral en cuartos.
Pola súa parte, o Compos non fixo máis que comezar unha tempada triunfal con chegada en Segunda B. Facendo una pretempada perfecta, os de Anxo Casalderrey aínda non coñecen a derrota a falta de tres partidos amigables para o comezo da Liga na casa do Somozas o domingo 26.
Para este partido ambos equipos contan con baixas importantes. Pola parte deportivista, varios xogadores están adestrando baixo o mando de Oltra, polo que a súa presencia está descartada. E dos nosos de momento só hai que descartar a Tachi, ao que desde aquí lle quero dexexar unha pronta recuperación. Pero as convocatorias para este torneo fórmanas só 16 xogadores, once do equipo titular e cinco suplentes entre os que se ten que atopar un porteiro, así que haberá máis baixas dependendo do que decidan os adestradores antes do partido.
Que ninguén olvide que será en Cerceda, no campo de O Roxo ás 19h. As entradas, como ata agora, a 6 euros, prezo máis que asequible para o partidazo que nos agarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario