Pontevea, o primeiro gran torneo

O sábado 28 deste mes, o Compos xogará a primeira rolda da Copa Deputación ante o Victoria en A Coruña. Pero só un día despois chega o primeiro torneo importante en Pontevea. Non se trata dun campionato de nivel pero si contará con rivais de gran nivel. 
Non presumen de ser equipos de Primeira ou Segunda, pero son dous dos equipos contra os que este ano a Esedé loitará polos primeiros postos da táboa. Trátase do Pontevedra e o Deportivo B, dous dos favoritos xunto co Compos, o Celta B e o Racing de Ferrol para loitar polo retorno a Segunda B.
O Pontevedra chega despois de ter que desfacerse dos xogadores con máis salario debido á crise que azota a economía española e galega. Aínda así reforzáronse moi ben de cara a esta tempada prometedora con grandes equipos en Terceira. Entre as baixas destaca a do dianteiro Manu Barreiro e ás que se uniron as baixas de Nogueira e Adrián Laureda rumbo a Santiago.
Pola súa parte, o Fabril tamén se desfixo de bos xogadores pero ao igual que o Compos fixo un gran equipo co que loitar de novo por estar nos catro primeiros postos que non puideron ocupar esta pasada campaña. 
O Compos abrirá o Torneo contra o Pontevedra ás 6 e media (18:30h). Unha hora máis tarde os granates xogarán o seu segundo partido contra o filial do Depor (19:30h). E pecharán o Triangular o Compos e o Fabril (20:30h). Ao remate do partido entre composteláns e coruñeses chegará a entrega de trofeos (21:30h) na que esperemos ver a Manuel Castiñeiras levantando o trofeo de Campións. 
O prezo das entradas todavía non se coñece pero o 10% do recadado irá destinado para a Asociación de Pais de Minusválidos de Teo. Unha boa causa que merece a axuda de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario