A Esedé leva traballando uns días e este fin de semana, o último do mes de xullo, chega o traballo máis duro. Comeza o máis duro para o equipo de Anxo Casalderrey que terá que facer algo moi pouco habitual no fútbol campo. Trátase de ter que afrontar dous partidos en cuestión de 24 horas e ademais xusto despois dunhas boas vacacións e sen case tempo de adestrar, razón suficiente para que algún xogador se leve un pequeno susto se non adestrou algo este verán.
O sábado, 28, o Compos terá que verse as caras co Victoria coruñés. O equipo do norte de Galicia será o primeiro rival dos nosos esta pretempada na Copa Deputación, que xogan equipos de Terceira, Preferente e Primeira Autonómica.
En Santiago xa disfrutamos deste torneo o ano pasado cun partido ante o Noia en Santa Isabel que acabou perdendo o Compos pola mínima. Pero este ano todo é diferente. Hai dúas categorías de diferencia e ademais o equipo branquiazul conta cunha ambición importante por sumar os partidos por victorias.
O rival, o Victoria CF, rematou a pasada tempada na 15ª posición da clasificación, a un posto do descenso e para esta campaña xa contan cun bo número de incorporacións, que poderían estrearse na casa ante o Campión da Preferente e un dos favoritos para o ascenso a Segunda B.
O partido, que tivo que retrasarse un día polo triangular que xogará o Compos o domingo en Pontevea, será ás 19 horas e as entradas, ao igual que en toda a competición, están a 6€ menos para os nenos, que entran gratis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario