Sen Tachi, voltaremos a ver un gran partido ante un dos mellores equipo de Galicia. Un rival ao que xa vencimos na Segunda B tanto na Malata como en San Lázaro. Pero agora todo é diferente. Os dous están unha categoría por debaixo e as intencións son de ascender quedando no mellor posto posible.
Para isto os dous equipos reforzáronse bastante ben cambiando case medio equipo. No Compos todos coñecemos as novas incorporacións ás que hai que sumar as de Catú e Gonzalo. Mentres que no Racing destaca a contratación do ex dianteiro do Pontevedra Manu Barreiro, que sonou para a Esedé.
Por desgracia, a parte da baixa de Tachi, a plantilla do Compos non poderá estar aínda ao cen por cen. A estas alturas da pretempada, o equipo estase cargando de partidos e adestramentos e as sobrecargas musculares chegan aos xogadores da Esedé. Se hai máis baixas, non as coñeceremos ata o mesmo día do partido.
Será ás 20h en Santa Isabel. As entradas, ao igual que nos partidos anteriores, a 6€. Así que... todos a Santa Isabel! O Compos necesítanos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario