Primeira derrota da pretempada

O Compos xa sabe o que é perder tras caer goleado contra o Racing de Ferrol no segundo partido entre ambos en catro días. Un equipo con xogadores que non xogaron onte contra o Fabril e algunha que outra novidade ademais das dúas últimas fichaxes. A mala nova non foi a derrota senón que Catú, no seu retorno á SD lesionouse. Nas próximas horas coñeceremos a gravidade da lesión da estrela compostelanista. 
Con Catú e Gonzalo de titulares, a Esedé disputou o seu séptimo partido de pretempada. Coas pernas moi sobrecargadas de tanto partido e adestramentos, os nosos apenas puideron facer fronte a un Racing moi superior cos titulares. 
Sobrepasado o cuarto de hora de xogo puxéronse por diante os ferroláns cun gol de Rubén. Así demostraron máis aínda a superioridade que puido verse sobre o terreo de xogo ante un Compos que pouco puido facer para evitalo. E para rematar o primeiro tempo, nun lance contra Manu Barreiro lesionouse Catú. 
Xa no segundo tempo as cousas foron a peor. En cuestión de segundos chegou o segundo dos racinguistas, por medicación de Marcos Álvarez. Sen atopar solucións, o Racing seguiu dominando e á media hora do segundo tempo fixeron o terceiro co que, se non estaba xa, sentenciaron o partido. 
O único bo chegou case ao final do encontro co gol de Franqueira co que o Compos puxo o 1-3 definitivo. 
O próximo partido, e último da pretempada, este domingo en Negreira. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Manuel Castiñeiras (Franqueira, min. 68), Catú (Bautista, min. 41), Pablo Vidal (Germán, min. 68); Nogueira (Joselu, min. 68), Gonzalo (Peláez, min. 68), Manu Rodríguez (Kolman, min. 57), Louro; Jacobo e Uru. 
CARTÓNS: Amarelos para Nogueira e Uru.
GOLES: 1-0 17' Rubén, 2-0 47' Marcos Álvarez, 3-0 75' Jorge Rodríguez, 3-1 88' Franqueira. 
ESTADIO: O Beco. 300 espectadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario