O Compos está só a un paso das semifinais, que se presumen complicadas e interesantes. Pero antes toca saír de Santiago rumbo a Arteixo, onde os nosos veranse as caras co Atlético Arteixo, equipo da Primeira Rexional.
Os albivermellos veñen de verse as caras co Galicia Mugardos, de Rexional Preferente. Demostraron ser fortes na casa eliminando ao ex rival do Compos nos noventa minutos cun 2-1. E na fase anterior o caído foi o Noia, tamén de Primeira Rexional e que o ano pasado eliminou ao Compos desta competición, nos penaltis.
Pola súa parte, e como todos sabemos, o Compos segue con paso firme na pretempada. Dúas victorias e dous empates avalan ao equipo de Anxo Calderrey cun bo xogo pero sen forzar demasiado a máquina, algo complicado a estas alturas.
O partido será este mércores ás 20:30 horas no Campo de Ponte dos Brozos, onde o Compos xogará por primeira vez na Copa Deputación sobre césped e non en herba artificial como en Santa Isabel. Ademais o vencedor enfrontarase o domingo contra o Racing de Ferrol ou o Grixoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario