Tomás Abelleira e David Rey chegan

O día comezou co anuncio da marcha de Marqueta e, dúas horas máis tarde, o clube fai oficial dúas novas incorporacións. Dende a Segunda B chega en calidade de cesión Tomás Abelleira, procedente do Pontevedra, e David Rey do Ordes. Dous xogadores para seguir mellorando a defensa e o centro do campo dun equipo cun presuposto baixo e un obxectivo alto. 

Tomás Abelleira busca minutos.
Tomás Abelleira deixa Pontevedra por un ano buscando minutos na Terceira división. O centrocampista formado nas categorías inferiores do equipo granate, asina por unha tempada buscando os minutos que non tivo a tempada pasada ás ordes de Luisito. Só 300 minutos no seu segundo ano no primeiro equipo completando só o partido de Copa Federación ante o Rápido de Bouzas.
Un xogador que cumpre o perfil en canto a idade, ten 21 anos, e que chega para poñerse ás ordes de Yago Iglesias, aprender e reforzar un equipo que quere ascender. 

David Rey reforza a defensa.
Dende Ordes chega David Rey. O central volve ao Compos onde xogou fai xa máis de 12 anos, cando comezaba a súa carreira chegando a debutar na Segunda B gozando de 500 minutos coa camisola branquiazul. Agora, aos seus 31 anos, chega con moita experiencia. Deixa o Ordes despois de tres tempadas e seguirá na categoría por décimo ano consecutivo despois, contando cos seis anos que pasou no Cerceda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario