Raúl Marqueta deixa a Esedé despois de dúas tempadas onde foi o segundo porteiro. O aragonés, que asinou o pasado verán por dous anos máis, rescindiu o contrato na tarde do martes. O segundo gardamallas, que pasaría a ser o primeiro a vindeira tempada, buscará sorte lonxe de San Lázaro, seguramente na Segunda división B.
Marqueta chegou á Esedé procedente do filial do Huesca da man de Iñaki Alonso. Co adestrador vasco puido aproveitar a lesión de Ramón en Astorga para facerse cun oco no equipo titular. Dende ese momento xogou 16 encontros máis, un total de 1.500 minutos nos que encaixou 18 goles. Uns números que non se parecen en nada aos da pasada tempada, onde só puido xogar os dous últimos encontros de Liga ademais de xogar outros dous encontros na Copa Federación.
Marcha un porteiro chamado a ser unha das pezas importantes de cara á vindeira tempada abrindo a porta á chegada dun novo xogador. Tamén hai que destacar que Martín Becerra, porteiro do xuvenil A, fará a pretempada co primeiro equipo e podería ser o segundo porteiro por detrás de Lucas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario