Martín volve a casa

Martín González é a nova incorporación do Compos 16/17. O santiagués volve ao equipo onde conseguiu dous ascensos consecutivos, xogando dende Preferente ata Terceira e conseguindo o ascenso á Segunda B co cadro branquiazul. Agora chega despois de dúas tempadas nas filas do Cerceda, co que se quedou ata en dúas ocasións ás portas de ascender á categoría de bronce. 
Aos seus 24 anos, Martín conta con catro anos de experiencia na Terceira división. Tras o paso polo Compos, onde militou dúas tempadas chegado das categorías inferiores do Santiago, chegou ao Ordes. Un ano nas filas do conxunto ordense e pasou a formar parte do Cerceda. Dúas tempadas en O Roxo e dous anos onde chegou á promoción de permanencia sen conseguir o premio final. 
A pasada tempada, o santiagués chegou a xogar algo máis de mil minutos. 22 partidos, 14 deles saíndo de titular, e tres goles, dous deles ante o Galicia de Mugardos. Uns datos moi diferentes comparados coa última tempada que militou nas filas branquiazuis, onde só xogou dous encontros ao completo e seis minutos doutro marcando outros tres goles. 

Catro xogadores do Xuvenil para a pretempada: 
Ademais de Juan Rey, catro xogadores máis recén saídos do Xuvenil A farán a pretempada co primeiro equipo buscando convencer a Yago Iglesias. O porteiro Martín Becerra, o defensa Óscar Boo e os centrocampistas Miguel e Alberto Freire adestrarán ás ordes do adestrador santiagués e xogarán nas filas do Compos ou do Estudiantil durante a vindeira tempada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario