5 de setembro

Retomamos o traballo cun novo precedente na historia recente do Compos. Hoxe cúmprense 24 anos do arrinque dunha tempada histórica: a que levou á Esedé ao máis alto do fútbol nacional. Unha moi boa estrea no Ramón de Carranza con vitoria cómoda ante o Cádiz do inglés Colin Addison, adestrador que non puido conseguir a permanencia ese curso co equipo andaluz.


5 de setembro de 1993.
Hoxe cúmprense nada máis e nada menos que 24 anos dunha estrea histórica, que comezou nun campo histórico e que rematou, meses despois, en San Lázaro cun fito que nunca esquecerá o fútbol español: o ascenso da SD Compostela á Primeira división por primeira vez na súa historia.
O equipo adestrado por Fernando Castro Santos e formado naquela tarde de domingo por Iru, Víctor, Tocornal, Bellido, Cea, Goyo, Modesto, Toni, Fabiano, Ohen e José, aos que engadir na segunda metade a Moure e Pichi Lucas, non puido adiantarse no marcador ata case o final dos primeiros corenta e cinco minutos, a dous minutos exactamente do tempo de lecer, cun gol de Ohen. Partido controlado tanto sobre o campo coma no marcador e que se pechou, logo de vinte minutos tras a reanudación, cun gol de Toni. Un triunfo cómodo e que supuxo un inicio de algo moi grande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario