Hoxe, para mellorar algo este derradeiro luns do mes de setembro temos un so precedente na historia recente do noso Compos. Un partido sen moito fútbol pero cun bo resultado que se conseguiu hai hoxe un ano en San Lázaro ante un As Pontes que remataría a campaña perdendo a categoría.
25 de setembro de 2016.
Hai hoxe un ano xogábase en San Lázaro a sexta xornada de Liga entre Compos e As Pontes. Dous equipos necesitados dos tres puntos e que non deixaron boas sensacións sobre o campo nun partido que, en principio, semellaba doado pero que se complicou co paso dos minutos obrigando aos nosos a meter o tanto definitivo nos intres finais do xogo.
O equipo de Yago Iglesias, formado por Lucas, David Rey, Mon, Taboada, Saro, Diego Rey, Samu, Martín, Julián, Mitogo e Santi, aos que logo engadir a Make, Tomás e Rubén; non saltou ao terreo de xogo como debía e Ndiaye adiantou aos seus antes dos quince minutos. Por sorte, ese gol tivo unha rápida resposta por parte de Santi e o empate chegou dous minutos despois. Unha rapidez que non houbo á hora de facer o segundo e definitivo dos nosos xa que Diego Rey non foi quen de superar ao gardamallas ata o 83 de xogo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario