A confección do equipo de cara á vindeira tempada marcha con gran ritmo. Ás seis renovacións coñecidas nos últimos días hai que sumar xa a de David Uña. O central madrileño, que chegou en xaneiro, seguirá na Esedé ata o 2018 logo de asinar nas últimas horas o novo contrato co clube branquiazul.
Uña chegou no pasado mercado de inverno procedente das filas do Orihuela, equipo onde non contou con case minutos. Non obstante, á súa chegada convertiuse nun fixo nos plans de Yago Iglesias chegando a xogar 15 partidos, 14 deles como titular e só quedando fóra do equipo en tres ocasións dende que se fixo co posto no centro da zaga e incluso caendo ao lateral cando Saro non estivo dispoñible.
Un xogador forte por alto, contundente e un dos encargados da boa segunda volta do equipo. De feito, dende a súa chegada e con el sobre o terreo de xogo, o equipo só recibiu 16 goles nun total de 1.170 minutos. Por outra parte, viu 8 cartóns amarelos logo da súa chegada a Santiago e só se perdeu os partidos ante o Barco por sanción e ante o Barbadás por lesión completando ademais un total de 12 partidos a un gran nivel.
Para este novo curso, seguro volverá ser unha das pezas importantes nos plans do adestrador co obxectivo de acadar un dos catro postos que dan opción a rematar a tempada xogando a promoción de ascenso.
Quedan nove por confirmar.
Por outro lado, faltan por confirmar a súa renovación Lorenzo, Saro, Samu, Tomás, Diego Rey, Taboada, Rubén, Nogueira e Recoba, que podería plantexarse saír cara unha categoría superior.


Ningún comentario:
Publicar un comentario