Hoxe, hai 23 anos, pasabamos a resaca logo da festa polo ascenso á Primeira división. Non obstante, noutros anos, máis recentes, houbo que saír de Santiago para ver ao noso equipo en Liga. Dous precedentes atopamos a día de hoxe entre a Segunda división e a Preferente. E, ademais, dous que non deixan moi bos recordos.
3 de xuño de 2001.
O Compos viaxaba tal día coma hoxe a terras andaluzas para enfrontarse ao Recreativo de Huelva na xornada 40 na Segunda división. Un partido vital a tres xornadas para o final do campionato onde os nosos debían gañar para fuxir dos postos de descenso, nos que finalmente caeron perdendo a categoría.
No Colombino, o Compos buscou os tres puntos con Rafa Gómez, Pinillos, Jubera, Chema, Biscay, Bellido, Nando, Jacobo Campos, Pedro Aguado, Fabiano e Juanito, aos que sumar a Pignol, Ohen e José Carlos. Un partido que puido poñerse de cara para os nosos coa expulsión de Soto nos locais antes da media hora de partido. Pero nin ante dez chegou o gol branquiazul igualando forzas sobre o campo na segunda parte coa expulsión de Pinillos. Xisco Muñoz puxo por diante aos seus no 76 de penalti e Bodipo, dous ex de Primeira, pechou a vitoria dun Recreativo que non puido conseguir o desexado ascenso.
3 de xuño de 2007.
Compos e Gran Peña, nos grupos Norte e Sur respectivamente, remataron esa mesma tempada no terceiro posto da clasificación. Con sorte, de haber un ascenso de Terceira á Segunda B, o gañador dunha eliminatoria a dobre partido conseguiría un oco na seguinte tempada na categoría superior, algo que finalmente non pasou malia gañar os nosos tanto na ida coma na volta.
En San Lázaro, o Compos saltou ao terreo de xogo cun once formado por Pablo, Faneca, Jimmy, Munín, Cholo, Bocha, Petter, Damián, Roberto e Adrián, aos que logo sumar a Iván, Toni e Vladimir. Partido sen case ocasións, no que os nosos non amosaron o seu mellor nivel e que se decantou para o lado local grazas a un gol de Petter. Ademais, Roberto errou un penalti que podía deixar a eliminatoria case decidida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario