Santi Taboada, baixa


O equipo ten unha nova baixa logo de once renovacións. Santi Taboada é o primeiro xogador que non acepta a oferta de renovación por parte do clube e buscará un novo equipo neste verán no que a directiva terá que buscar un novo central logo das baixas de Ander, David Rey e o vasco.
Taboada, o capitán durante gran parte da tempada, rexeitou a oferta de renovación do Compos para buscar a sorte fóra do clube por segunda vez logo de non chegar a un acordo coa directiva por motivos aínda descoñecidos e que se debaten nas redes sociais nas últimas horas. E é que o defensa chegou a San Lázaro no verán de 2013 procedente do filial do Deportivo Alavés, equipo da súa terra ao que chegou das filas do Real Madrid. Un home que, con 20 anos, fíxose un oco no equipo na Segunda B superando os mil minutos de xogo nun total de 15 partidos, 10 deles como titular. Un xogador que xa se fixo querer e que non permaneceu nas filas do equipo branquiazul tomando camiño cara o Deportivo B, onde se fixo dono do centro da defensa durante dous anos.
Dúas tempadas fóra de Santiago, nas que sumou un total de 50 partidos en Abegondo na Terceira galega, levárono de volta a Santiago para capitanear o equipo de Yago Iglesias. Un ano máis na nosa casa onde sumou un total de 32 partidos, 30 como titular, un total de 2.656 minutos e un gol ante o Bergantiños, ademais de 14 cartóns amarelos.
Marcha un seguro defensivo. Un capitán. Un home que se deixou todo pola Esedé. Unha baixa moi importante e que non será nada doado de substituir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario