Portería cuberta



Se onte se podía ler na web oficial que Samu renovaba por un ano, nova que retiraron ao longo da tarde, hoxe reapareceu a mesma nova na web pero incluíndo tamén o nome de Lorenzo. O porteiro de Padrón asina por un ano máis co clube branquiazul ao que chegou no pasado mes de xaneiro para cubrir a baixa de Manu Cedrón, que saiu na busca de minutos fóra de San Lázaro. 
Aos seus 26 anos, Lorenzo continúa a súa segunda etapa no Compos logo de participar no equipo de Segunda B na tempada 2013/14. Chegado procedente do Alondras no mercado de inverno, o padronés non tivo moita sorte durante a tempada pasada en ningún dos dous equipos xogando co equipo de Cangas 8 encontros e recibindo 10 goles e 3 máis co Compos encaixando 2 goles e mantendo a portería a cero no único que xogou en San Lázaro.
Coa súa renovación xa van 12 xogadores do primeiro equipo confirmados e a portería cuberta con Lucas e el, que loitará de novo por arrebatar o posto titular ao primeiro, que só perdeu a titularidade na segunda volta cando xa non quedaba nada en xogo. Ademais, quedan só por coñecer se renovarán Taboada, Tomás, Nogueira, Saro e Recoba. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario