O Compos arrincaba tal día coma hoxe a segunda rolda da promoción de ascenso á Segunda B hai só catro anos. Un partido ante o San Juan en San Lázaro que achegaba un paso máis o ascenso cara á capital galega, algo que se consumou tres semanas despois en terras murcianas. Trátase do único precedente na historia recente do noso equipo un 9 de xuño.
9 de xuño de 2013.
Domingo dunha tarde calurosa de xuño. Máis de 3.500 seareiros en San Lázaro para ver a segunda das tres partes do ascenso do equipo á categoría de bronce. Un partido que serviu aos nosos para superar a un novo rival, deixar o partido de volta sen case emoción e á directiva para fixarse nun xogador visitante, Julen Alustiza, que ese mesmo verán asinaría polo Compos, onde non tería case minutos.
Do partido pouco hai que contar. Dominio dos nosos de principio a fin e goleada nunha segunda metade cun so dono. Para esta cita, Fredi sacou un once formado por Adrián, Borja Facal, Castiñeiras, Catú, Jimmy, Gonzalo, Manu Rodríguez, Jordan, Peláez, Yahvé e Marcos Rodríguez, aos que logo engadir a Martín, Nogueira e Joselu. Un equipo que se desfixo do rival no segundo tempo en só vinte minutos grazas aos goles de Gonzalo, Jimmy e Joselu facendo un resultado case imposible de remontar logo de amosar, unha vez máis, un gran nivel de xogo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario