Penúltimo mes de maio e xa chegan as complicacións para atopar algún precedente da historia recente do equipo. De feito, tal día coma hoxe, o Compos só xogou nunha ocasión dende o ano 1991. Foi hai 24 anos e o rival daquela tarde non foi outro que anos despois entraría na historia branquiazul por ser o autor do descenso final dos nosos do máis alto.
30 de maio de 1993.
O Villarreal visitaba Santa Isabel no segundo ano do Compos na Segunda división. Partido na zona media da clasificación a catro xornadas para o final do campionato e que rematou con reparto de puntos e case certificar a permanencia de ambos na categoría de prata do fútbol español.
O Compos de Castro Santos saltou ao terreo de xogo formado por Docobo, Tocornal, Bellido, Cea, Modesto, Nacho, Cortés, Carlos Alberto, Ochoa, Ohen e Pichi Lucas, aos que engadir na segunda metade a Moure e Toni. Os goles, nun partido dominado polos nosos, chegaron por parte de Cortés no primeiro tempo e de Maestre para empatar os castellonenses no comezo do segundo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario