Hoxe, que remata oficialmente a tempada 17/18 na Terceira división, atopamos un precedente na historia recente do noso Compos. Trátase dun partido na Primeira división no 95 ante o Espanyol en San Lázaro nunha xornada á que aínda lle quedaría por xogarse algo máis dun mes e onde os nosos conseguirían a permanencia sen problemas.
14 de maio de 1995.
Hai máis de vinte anos recibiamos ao Espanyol en San Lázaro. Un partido ao que chegaban os cataláns con opcións de entrar en Europa ao final da tempada e que rematou con reparto de puntos, importante ante un equipo con homes coma Pochettino, un dos mellores adestradores do momento logo de colgar as botas no 2006 nas filas do conxunto perico.
Con Iru, Bellido, Tocornal, Modesto, Lekumberri, Llorente, Fabiano, Passi, Abadía, Moure e Arensoe no once titular e Paniagua e Pichi Lucas entrando como substitutos, a Esedé puido facerse con tres puntos importantes logo do gol de Arensoe minutos antes do final do primeiro tempo. No 82, o Espanyol conseguiu un empate moi traballado con nove xogadores polas expulsións de Pochettino e Francisco e con gol de Lardín para facer o 1-1 definitivo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario