11 de maio


Hoxe contamos con dous precedentes dun día coma hoxe. Dous grandes partidos nun 11 de maio con rivais da talla do Rayo Vallecano e a UD Logroñés. Primeira e Segunda B marcan este día cunha vitoria e unha derrota no casilleiro en dúas tempadas que se pecharon coa permanencia sen problemas. 

11 de maio de 1997.
Chegaba a San Lázaro un equipo que sempre estará na historia da Esedé. O Rayo Vallecano, con problemas na clasificación e buscando fuxir dos postos baixos, buscou tres puntos que quedaron na casa logo dun partido igualado e que se desnivelou no treito final do xogo. 
O Compos de Fernando Vázquez saltou ao terreo de xogo formado por Rafa Gómez, Mauro, Villena, William Amaral, Nacho, Popov, Fabiano, Passi, Lekumberri, Ohen e Penev, aos que sumar durante o segundo tempo a Manuel, Bellido e Chiba. Un equipo que se adiantou aos quince minutos de xogo cun gol de Penev que igualou antes do tempo de lecer Ezequiel Castillo. A sentenza branquiazul, logo de dez minutos en superioridade numérica, chegou no 84 con gol de Chiba. 

11 de maio de 2014.
Hai agora 3 anos, o Compos de Fredi rematou a tempada en terras rioxanas cunha derrota importante ante a UD Logroñés. Un equipo do que mantemos a Lorenzo, Lucas, Diego Rey e Ander Bellido, aínda que este último non tivo minutos en Las Gaunas e que significou o último encontro de Fredi no banco da Esedé na súa primeira etapa. 
O adestrador de Moaña sacou un equipo formado por Lorenzo baixo paus; Jesús Varela, Catú, Castiñeiras, Jimmy en defensa; Diego Rey, Manu Rodríguez, Borja Facal, Jacobo e Fondevila no centro do campo; e Nacho en ataque, once ao que engadir a Lucas, Peláez e Mateo. Un conxunto que non puido volver de Las Gaunas cun bo resultado. Dous goles de Omar e Goñi serviron para que os tres últimos puntos da tempada quedaran na casa superando así aos nosos na táboa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario