Este mércores comezou cunha gran nova chegada dende San Lázaro. A Esedé pechou dúas incorporacións para reforzar o centro do campo. Un vello coñecido, Diego Rey, e unha promesa do fútbol vigués, Ube, chegan a un equipo con intencións de voltar á Segunda B o antes posible. Ademais, xa coñecemos os primeiros encontros de pretempada, todos preto de Santiago.
Ube chega a Santiago.
Alex Ubeira Millán, máis coñecido como Ube, é unha das grandes promesas do fútbol vigués. Procedente do Xuvenil de DH do Celta, deixa o equipo celeste polos estudos xa que agora estudará na USC. Un centrocampista que ben pode xogar de pivote defensivo ou ben de interior con calidade e facilidade para crear perigo na área rival grazas á súa velocidade e o golpeo do balón.
Aos seus case 18 anos chega ao seu primeiro equipo semi-profesional para poñerse ás ordes de Yago Iglesias e loitar por un posto na zona de creación da Esedé.
Diego Rey volve a casa.
Diego Rey Fernández volve a San Lázaro contando con boa experiencia entre a Segunda B e a Terceira con case 24 anos. O asturiano xa xogou no Estradense, Somozas na Terceira división e a pasada tempada na Segunda B, Compos e filial do Levante, ao que marchou despois dun ano na Esedé.
Procedente do Somozas por segunda vez, onde xogou 13 partidos a pasada tempada, ocupará tamén outra praza no centro do campo. Interior, pode xogar polas dúas bandas, tamén xogou outros 13 encontros nas filas branquiazuis da man de Fredi.
Perfilada a pretempada.
Sen aínda coñecerse o calendario da Copa Deputación, xa se coñecen tres citas onde ver ao Compos antes da estrea en Liga. Primeiro haberá un gran partido en Camporrapado o 24 de xullo ante o Boiro, equipo de Jimmy, Catú, Manu Rodríguez e Pato adestrador por Fredi. Seis días despois, primeiro triangular en Pontevea co mesmo cartel do ano pasado, que non se puido xogar cos equipo invitados por problemas co calendario. O Torneo de Praíña volverá a ter a Compos, Somozas e Coruxo. E finalmente, o 13 de agosto, Triangular en A Estrada ante o equipo local e o Vilalonga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario