Ander Bellido, fillo do ex central da Esedé, será xogador do primeiro equipo da Esedé. O tamén central branquiazul chega ao Compos despois de pasar polas categorías inferiores e o Estudiantil, onde foi un fixo tanto no centro da defensa coma de centrocampista defensivo, onde tamén se sinte cómodo.
Aos seus 20 anos, súmase a Mon e Lucas como xogadores renovados nos últimos días e acompañará ao porteiro no ascenso deportivo de ambos á Terceira división para xogar no equipo onde se formaron. Hai que dicir tamén que Ander xa se estreou no primeiro equipo na pretempada.
Vello coñecido de segundo adestrador.
Rodrigo Veiga volve ao clube onde xa xogou na Segunda división e Segunda B. O do Barco de Valdeorras, que colgou as botas ao final desta tempada, deixou o Negreira e agora pasará a ocupar o posto de segundo adestrador da Esedé axudando a Yago Iglesias. Ademais, xa colabora con Manu Castiñeiras facendo as fichaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario