Despois dun mes sen novas do noso clube, hoxe coñecimos os prezos dos abonos para a vindeira tempada. Uns prezos elevados, moito para a Terceira división nun equipo onde o obxectivo non parece ser outro que manterse na categoría cun presuposto moi baixo, que non fixeron máis que desgustar a unha afección escasa pero fiel e que este ano estáse a sentir enganada ante uns prezos de Segunda B.
Un ano máis existen descontos diferentes e, de novo, ofertas temporais. Outra nova, agardada por outra parte, é que volverá a abrirse só a bancada de Tribuna, onde estará toda a familia branquiazul.
Os prezos, para antes do 1 de agosto, son os seguintes:
Xeral: 95 euros.
Palco: 200 euros.
Menores de 10 anos: 8 euros.
Menores de 18 anos, Universitarios, Parados con máis de 3 meses e Pensionistas maiores de 60 anos: 65 euros.
Xogadores da base: 0 euros.
E os prezos, a partir do 1 de agosto:
Xeral: 120 euros.
Palco: 250 euros.
Menores de 10 anos: 10 euros.
Menores de 18 anos, Universitarios, Parados con máis de 3 meses e Pensionistas maiores de 60 anos: 80 euros.
Xogadores da base: 0 euros.
Entradas por partido: 10 euros.
Saídas e posibles renovacións.
Despois do anuncio de retirada de Marcos Rodríguez, coñecimos que outro dos xogadores da pasada tempada atopou novo equipo. Sergio Sánchez, que pasou un ano na Esedé, volveu ao Melilla asinando por unha tempada. Por outra parte, Fredi está á espera dalgún movemento por parte da directiva para seguir no equipo no que aínda ten un ano máis de contrato.
En canto aos xogadores, Jimmy xa dixo que non lle importaría seguir no equipo onde xa é o xogador con máis partidos da súa historia. Ademais, Pato e Manu Rodríguez estarían pensando en asinar un ano máis se o clube lles fai algunha oferta xusta.
E nomes para reforzar o clube:
Agora que parece haber movementos no clube, aparecen xa os primeiros nomes para reforzar a plantilla. Diego Arnejo do Ordes, Bendaña e Saro, irmán de Jimmy, do Noia son os primeiros nomes que apareceron nos medios e aos que hai que sumar a Gelucho se Fredi non segue e pasar así do Estudiantil ao primeiro equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario