Xa pasadas as 12 desta noite, o clube fixo oficial un comunicado onde anunciou de maneira oficial dúas marchas máis, xa agardadas nas últimas horas. Fredi e Pedro Quinteiro deixan un clube que non se sabe xa o camiño que tomará o clube a vindeira tempada que comeza en dous meses. Dúas importantes novidades e que traen consigo novas dúbidas e a búsqueda dun novo adestrador e un director deportivo.
Fredi deixa o equipo que tomou por segunda vez fai uns meses. O de Moaña asinou ata o final da tempada e outra máis sen importar a categoría. Pero ante este tempo de dúbida en San Lázaro onde non parece que nada se mova, o adestrador decidiu non aceptar a oferta de continuar ata rematar o seu contrato na Esedé.
Por parte do clube, a razón que se da a coñecer é que Fredi deixa o clube ante os novos horarios en canto aos adestramentos de cara á vindeira tempada. De todas formas, hai que dicir tamén que deixa o posto de forma voluntaria sen recibir cartos polo ano de contrato que aínda lle restaba.
Cabe destacar que tomou o equipo a falta de 18 xornadas. Un equipo sen ideas e que paseaba polos últimos postos da clasificación sen conseguir facer nada ben. Pero con el, despois do paso de Iñaki Alonso e Alberto Mariano polo banco, chegaron os mellores resultados e, incluso, as esperanzas dunha posible salvación conseguindo importantes resultados coma a vitoria en Ferrol ou a goleada ao Pontevedra en San Lázaro.
Pola súa parte, Pedro Quinteiro deixa o posto de director deportivo despois de dúas tempadas. O fillo do presidente deixa Casa Compos despois de non acertar durante dous anos con algunhas das fichaxes entre as que destacar as de Gerard Oliva ou Orbegozo entre outros axudado no que puideron por Iñaki Alonso e Manuel Castiñeiras, que deixou a súa casa por invitación da directiva para que se ocupase do seu posto na Federación Galega.
Agora, o clube xa está a buscar un novo adestrador, posto para o que se fala de Gelucho procedente do Estudiantil, e un novo director deportivo que coñeza a Terceira división.
Ningún comentario:
Publicar un comentario