Despois da marcha de Fredi da Esedé, Yago Iglesias toma o mando dun equipo con enormes dúbidas tanto a nivel futbolístico coma a nivel directivo, xa que aínda non hai un director deportivo. O adestrador deixa o San Lázaro de Noia polo de Santiago despois dun ano onde non puido evitar o descenso de categoría do equipo noiés.
Picheleiro de nacemento, chega con gañas de devolver ao noso equipo á Segunda B, de onde non debería baixar. Conta cunha boa carreira ás súas costas destacando o tempo que estivo en Arabia Saudí coma preparador físico. Ademais coñece a capital ben despois dunha tempada adestrando ao xuvenil do Santiago e tamén é profesor da Escola de Adestradores na Futgal.
Yago asina contrato por un ano co obxectivo do ascenso. Con el poderían chegar novos xogadores procedentes da Terceira e quen sabe se é quen de convencer aos nosos de asinar unha renovación de contrato. Será presentado este mércores pola mañá en San Lázaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario