Se onte eran Jimmy e Manu Rodríguez os xogadores que rexeitaban as propostas de renovación da directiva branquiazul, hoxe fíxoo Catú. Outro dos homes máis importantes da historia recente do Compos deixa o clube por segunda vez despois dunha segunda etapa de 5 anos. Un home da casa que, aos seus case 26 anos, ten un gran futuro por diante fóra de San Lázaro, onde xa tentou destacar fai uns anos despois doutro descenso de Segunda B.
O mellor central da Esedé, un home que defendeu as cores coma ninguén deixando o físico en cada momento e evitando que o Compos non consumase o seu descenso a Terceira antes. De feito, deixa o equipo despois dunha tempada onde conseguiu o seu primeiro dobrete ante o Pontevedra.
Máis de dez mil minutos defendendo a camisola branquiazul na Segunda B, pasou por tódalas categorías dende Preferente ata a división de bronce incluindo as categorías inferiores. Un home de clube.
Unha lenda cun pasado importante nas filas branquiazuis e ao que só se lle queda por desexar que lle chegue todo o mellor posible no seu futuro lonxe de San Lázaro. E, sobre todo, deica logo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario