Chega unha nova fichaxe para pechar a defensa. Javier González Freire, central vigués de 21 anos, é un xogador con experiencia na Terceira despois do seu paso polo Alondras a pesar da súa idade. Un seguro no centro da zaga que a pasada tempada chegou a xogar ata 35 encontros. Máis de 2500 minutos defendendo ao seu equipo e vendo ata oito cartóns amarelos, ningún vermello.
No Morrazo, Javi xogou dúas tempadas sumando máis de sesenta encontros, e case cinco mil minutos, consagrándose como un fixo no once inicial do Alondras gañando así ampla experiencia. Chega para acompañar no centro da defensa a Catú, Portela e Sergio Sánchez ocupando a terceira praza de 'sub 23'.
Por outra parte, o equipo xa comezou a adestrar esta mañá en Villestro, xa que polo momento San Lázaro II non está dispoñible. 17 xogadores do primeiro equipo, catro das categorías inferiores e ata un xogador do Estudiantil, novo filial branquiazul, remataron o adestramento esta mañá ás ordes de Iñaki Alonso pensando xa no triangular deste domingo en Ribadumia ante o equipo local e o Lugo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario