Grupo asequible

O Compos xogará unha tempada máis no Grupo I da Segunda división B. Este ano compartirá grupo con equipos de Galiza, Asturias, Cantabria, Castela e León, Navarra, A Rioxa e Extremadura. Vinte equipos entre os que non se atopa o Salamanca Athletic, equipo que gañou a praza nos tribunais e algo que non parece aceptar a RFEF. 
Ata cinco derbis esta tempada destacando, un ano máis, os encontros ante o Racing de Ferrol. Coruxo, Somozas, Celta B e Pontevedra completan os seis equipos galegos da categoría. Sporting de Xixón B e Lealtad serán os dous únicos equipos asturianos desta campaña mentres que volve o Racing de Santander, que xunto co equipo de Ferrol parece ser o máis forte do grupo con aspiracións de voltar á Segunda división. Cultural Leonesa, Guijuelo, Valladolid B, Atlético Astorga, Burgos e Arandina, novo equipo de Manu Rodríguez, chegarán a San Lázaro desde Castela e León. Tudelano, Peña Sport e Izarra farán o propio desde Navarra e a UD Logroñés será rival da Esedé un ano máis. Para completar o grupo, unha viaxe a Cáceres para loitar ante o Cacereño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario