Rubén Sánchez asina pola SD

Chega unha nova fichaxe para un equipo que parece que se está a reforzar moito en labores ofensivas, algo que o ano pasado parecía ser a materia a mellorar. Hoxe chega a nova desde San Lázaro da fichaxe de Rubén Sánchez. Dianteiro manchego que chega procedente do Real Murcia para reforzar a banda branquiazul en labores ofensivas. 
Nado en Albacete no 89, Rubén Sánchez chega a San Lázaro aos seus 26 anos para defender as nosas cores por unha tempada. Comezou a súa carreira nas filas do Villarreal B. Pasou por Guadalajara, Valencia Mestalla, Valladolid B xogando un partido co primeiro equipo de Copa do Rei, Xetafe B, Atlético de Madrid B e Zamora antes de recalar no Murcia. 
Cen partidos na categoría de bronce en sete tempadas sumando máis de cinco mil oitocentos minutos pero cun baixo porcentaxe goleador. Só oito goles ata o de agora, un no Murcia ante o Valladolid B a pasada tempada, que demostra que o equipo aínda non conta cun goleador nato. Nas filas do Murcia, mil setecentos minutos en 28 encontros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario