Dani Hernández, nova chegada

Despois de rematar as negociacións cos xogadores do ano pasado, o Compos segue na busca de xogadores co que pechar o plantel para unha tempada de éxitos. E hoxe, despois de confirmarse as baixas de Mensha e Quim Araújo, chega Dani Hernández. Mediapunta de 23 anos procedente do Córdoba B e que ocupará praza de xogador sub-23. 
Formado nas categorías inferiores do Zamora, Dani Hernández chega libre despois dunha tempada nas filas do Córdoba B, co que descendeu a Terceira división. Un xogador polivalente que pode xogar tanto na dianteira coma no centro do campo e que podería ocupar o posto que deixa libre Quim Araújo. 
O zamorano defendeu as cores do equipo da súa cidade ata o 2013 xogando máis de 3500 minutos na categoría de bronce. Posteriormente, asinou por unha tempada polo Xetafe B superando os mil minutos e a pasada campaña, nas filas do Córdoba, sumou 2700 minutos máis chegando á Esedé despois de 7200 minutos na Segunda B en seis tempadas. 119 encontros para un xogador de calidade que só acumula 12 goles en total. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario