Non se trata da primeira fichaxe senón da primeira renovación. O aragonés Raúl Marqueta ocupará a portería de San Lázaro durante dous anos máis despois de deixar boas sensacións nos minutos que contou esta tempada. O porteiro chegou procedente do filial do Huesca seguirá no equipo da capital galega polo menos dúas tempadas máis.
Aos seus 20 anos, o porteiro de Zaragoza defendeu a porta do noso equipo en 17 partidos oficiais debutando na derrota ante o Atlético Astorga en La Eragudina. Un debut negativo encaixando dous goles en algo máis de cincuenta minutos que non foi para nada unha mostra do que pasaría nos dezaséis partidos seguintes.
Nunha volta case completa, o maño encaixou 18 goles mantendo a porta a cero ata en oito encontros. Case 1500 minutos de seguridade baixo o longueiro para o primeiro xogador en confirmar a súa permanencia no equipo de cara á vindeira tempada, onde o equipo loitará polo ascenso a Segunda división.
Ningún comentario:
Publicar un comentario