Quim e Mensha deixan o Compos

O Compos anunciou este mediodía dúas novas baixas de cara á vindeira tempada. O 'Mago' Quim Araújo e Mensha non seguirán no equipo despois dun ano defendendo as cores da Esedé. Ademais, confírmase oficialmente a baixa de Fernán e Borja Navarro. Catro baixas máis coas que se pecha o capítulo de baixas, polo que a partir de agora só haberá fichaxes. 
Quim Araújo chegou o pasado verán procedente das filas do Sant Andreu catalán probando sorte fóra da súa terra por primeira vez. Xogador importante no equipo de Iñaki Alonso e un dos máximos goleadores con cinco tantos. Máis de dous mil minutos en 34 encontros sendo un referente no centro do campo en labores ofensivas. 
Pola súa parte, Mensha perdeu importancia coa chegada de Yacine no inverno. O nixeriano chegou procedente do Socuéllamos e despois de 29 partidos, só 4 completos, fixo 4 goles moi importantes. Comezou a liga con bo pé anotando ante o Burgos, fixo o empate ante o Murcia en San Lázaro, o gol da vitoria ante o Sporting B e un dos tres goles asinados polo equipo en Las Gaunas no empate a tres goles ante o Logroñés. Sen embargo, o dianteiro non puido facer olvidar os trinta goles de Joselu a tempada anterior, algo difícil de mellorar. 
Ademais, o clube fixo oficial a volta de Fernán ao Celta B despois de apenas contar con minutos en San Lázaro e a volta de Borja Navarro ao Albacete, do que tamén veu cedido, despois de anotar outros catro goles esta campaña. 
Só queda desexar sorte aos catro e agradecerlles o feito esta campaña no noso equipo. Agora xa é turno de agardar ás novas chegadas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario