Un día redondo en casa Compos o deste mesmo martes. Ata dúas novas fichaxes de carácter ofensivo e unha renovación para a defensa. Gerard Oliva chega procedente do Murcia mentres que Asier Goti chega do Barakaldo, dous bos xogadores. Pola súa parte, un dos xogadores máis queridos pola afección branquiazul asina por un ano máís con opción a un segundo.
Dianteiro catalán de 25 anos procedente do Murcia. Gerard Oliva participou en 33 partidos acumulando máis de mil cincocentos minutos na dianteira do equipo vermello. Sen embargo, non se trata dun goleador nato xa que só sumou 5 goles este ano. A pesar da súa xuventude, o tarraconense estreouse na Segunda división co Osasuna antes de fichar polo Atlético de Madrid B onde anotou 19 goles en dúas tempadas. Ademais, conta con experiencia no estranxeiro xa que pasou unha tempada no Reid da primeira división de Austria.
Para reforzar o centro do campo, chega desde Barakaldo Asier Goti. 26 anos, xogador de banda e con boa chegada desde segunda liña. O vasco estreouse na Segunda B nas filas do Lemona. Dous anos no equipo no equipo 'cementero' e outros dous anos no Bilbao Athletic antes de recalar nas filas do Barakaldo, onde sumou 62 encontros e case catro mil minutos sendo un xogador moi importante. En canto a goles, vén de anotar 7 a pasada campaña e 17 en total na súa carreira.
Pero a mellor nova chegou coa súa renovación. Catú defenderá a camisola da súa vida durante unha tempada máis con opción a outra. Un ano máis con nós despois dunha tempada onde xogou ata 30 partidos repartidos entre o centro da defensa e o lateral dereito. Un xogador da casa e que, xunto con Jimmy, sabe mellor que ninguén o que é defender as cores da Esedé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario