Jesús Varela volve a casa

Jesús Varela é novo xogador da Esedé despois dun ano nas filas do Conquense, equipo co que non puido conseguir a permanencia na categoría de bronce. O vigués xa pasou polas filas do noso equipo na tempada 2013/14, a do retorno á Segunda B substituindo a Borja Facal na banda dereita. Un lateral con mentalidade ofensiva que chegará para axudar tanto en defensa coma en ataque, algo similar ao que fai Jimmy pola esquerda. 
Josu terá esta tempada un duro rival pola titularidade. Un xogador con experiencia en Segunda B e coñecido tanto pola directiva branquiazul coma pola afección. Un lateral que se estreou na categoría co Celta B, equipo onde se formou, e pasou polo Cidade de Santiago, Racing de Ferrol, Montañeros e Coruxo. 
Nas filas do Compos, o vigués xogou xa 14 partidos deixando boas sensacións. Algo máis de mil minutos nos que viu dous cartóns amarelos. Por outra parte, a pasada tempada, no Conquense, xogou 29 partidos a un bo nivel e asinou un gol no empate ante o Sestao River. 
Coa súa chegada, resta só unha ficha 'senior' que podería ser para o dianteiro centro que tanto agarda a afección branquiazul. Ademais, quedan todavía cinco fichas 'sub 23'. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario