A Esedé xogará no Bierzo

O 25 de xullo, día de Galiza, a Esedé xogará o primeiro triangular amigable deste verán. Despois de doce días de adestramentos, o noso equipo estrearase ante o Atlético Bembibre de Terceira división e a Ponferradina, equipo da Segunda división. Un triangular importante ante un equipo de categoría superior co que mostrar unha primeira sensación. Os encontros serán no campo de La Devesa, en Bembibre. 
Por outra parte, o Praíña deu a coñecer os horarios do VI Triangular do Praíña que xogará o Compos no Campo de Reis, en Pontevea. O primeiro encontro da tarde, ás 18:30h será o que enfronte ao equipo branquiazul e ao Somozas. Somozas e Coruxo xogarán o segundo encontro e o triangular pecharase co Compos-Coruxo ás 20:30h. Ás 21:30h está prevista a entrega dos trofeos onde a Esedé quere mellorar a edición pasada, onde quedou segundo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario