Javi Moreno, novo reforzo

A Esedé xa ten un novo xogador para o centro do campo. Javier Moreno Flores, mallorquín de 31 anos con ampla experiencia na categoría de bronce. Chega procedente do Guijuelo con máis de vinte mil minutos na Segunda B e case tres mil a pasada campaña no equipo salmantino. Un xogador que non conta con capacidade goleadora, só leva dous goles na súa carreira asinados os dous nas filas do Benidorm. 
Mallorca B, Fuenlabrada, Benidorm, Alzira, Huracán Valencia, Badalona e Guijuelo. Un gran número de equipos onde o balear pareceu contar coa confianza dos adestradores xogando ata o momento un total de 305 encontros en Segunda división B. De feito, Javi Moreno chega ao Compos despois de xogar 34 partidos a pasada tempada no Guijuelo nos que viu ata 18 cartóns amarelos. 
Pero o novo reforzo chegou máis alá de xogar de xogar na competición regular. Este ano, o noso equipo loitará por chegar á promoción de ascenso á Segunda división e o mallorquín chegou a xogar ata cinco encontros entre Benidorm, Huracán Valencia e Guijuelo quedando sempre ás portas do ascenso. Un partido menos, catro, foi os que xogou tamén na Copa do Rei co Fuenlabrada e o Benidorm.
Agora só queda dar a benvida ao noso novo xogador e desexarlle moita sorte durante a vindeira campaña onde acompañará a Mon, Marcos Rodríguez, Fondevila e Jordan no centro do campo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario