O Compos volve da Malata cun bo empate logrado ante o Racing de Ferrol nun encontro con moitas interrupcións e moi poucas ocasións de perigo. Moitas entradas e moito traballo para o colexiado que solventouno ensinando ata dez cartóns amarelos, seis deles a xogadores do Compos. Manu Rodríguez foi o autor da mellor ocasión do equipo mentres que Ramón salvou varios goles con grandes estiradas.
Sen un dominador claro, o encontro comezou cun ritmo alto e ocasións nas dúas porterías nos primeiros instantes. Sen embargo, cos minutos as ocasións desapareceron. O partido, de ida e volta, xogouse entre as dúas áreas pero sen provocar xogadas perigosas sobre ningunha portería aínda que si poñendo os pelos de punta aos afeccionados dos dous equipos.
Partido aberto, poderia pasar calqueira cousa pero ata o descanso a maior ocasión de perigo da primeira metade chegou de parte do Racing cun disparo directo ao longueiro. Pola súa parte, Manu Rodríguez disparou frouxo dentro da área a pase de Borja Navarro despois de que o asturiano conseguira desfacerse da defensa.
Na segunda metade máis do mesmo pero co Compos un tanto superior. Algunhas faltas menos, diferentes xogadores a base de trocos, realizados ademais de dous en dous para aforrar tempo, e mellores ocasións. Do patadón da primeira metade á velocidade de Jordan, Borja e compañía. Ademais, en defensa as cousas melloraron ata o punto de conseguir que Joselu non puidera probar a Ramón en ningunha ocasión.
Sen ocasións perigosas en todo o partido, os nervios aumentaron no tempo engadido. O Racing tivo as dúas últimas oportunidades de levarse os tres puntos primeiro de falta e despois nun córner que por partida dobre solventou a defensa branquiazul.
O próximo encontro será o vindeiro domingo en San Lázaro ante o Celta B do noso coñecido Fredi Álvarez.
ALIÑACIÓN: Ramón; Josu, Alcañiz, Portela, Jimmy; Iván Moya; Manu Rodríguez (Jordan, min. 72), Moreira, Teles (Fondevila, min. 62), Quim Araújo; e Borja Navarro (Mensha, min. 86).
CARTÓNS: Amarelo para Teles, Alcañiz, Josu, Iván Moya, Portela e Jordan.
GOLES: 0-0.
ESTADIO: A Malata. Importante chegada de siareiros branquiazuis, sobre 400.

Ningún comentario:
Publicar un comentario