Perdoar é o que ten

O Compos suma unha nova derrota esta tempada, e xa van dúas en San Lázaro consecutivas, despois de dous tempos totalmente diferentes sobre o terreo de xogo. Unha boa primeira metade onde os de Iñaki Alonso levaron o control do encontro e gozaron das mellores ocasións do encontro e unha segunda onde o Logroñés tomou a iniciativa e fixo o que quixo dun Compos totalmente contrario en inferioridade numérica despois da expulsión de Catú. O único positivo dos nosos, a parte do bo partido realizado baixo paus de Ramón evitando unha goleada maior, foi a estrea en Liga de Lemos.
Dende o primeiro minuto, o Compos buscou con intensidade a porta defendida por Miguel. A velocidade de Teles polo centro do ataque e Jimmy pola banda serviron para crear boas ocasións pero con problemas á hora de finalizar. Ocasións de sobra para poder rematar a primeira metade cunha boa renda, sen embargo, Borja Navarro, Jordan e Manu Moreira perdoaron no man a man ante co cancerbeiro.
Goles cantados nas bancadas de San Lázaro. Ata en dúas ocasións, a celebración do gol quedou a medias. Todo estaba feito, só faltaba rematar a xogada no cara a cara. Pero ás veces non quere entrar a pelota entre os tres paus e cando o máis fácil parecía ser o gol, o esférico saía pola liña de fondo. Unha tras outra, moito perdón que posteriormente pasaría factura.
A saída na segunda metade foi unha continuación da primeira, perdoando un novo gol de Catú. Pero unha vez máis o equipo foi de máis a menos cedendo terreo e posesión ao Logroñés, que mellorou notablemente coa entrada ao terreo de xogo de Joel Valencia, xogador ecuatoriano máis xoven en debutar no fútbol europeo nas filas do Real Zaragoza.
Valencia foi peza clave no encontro ao igual que o foi Sergio Martínez. No mellor momento dos rioxanos, unha chegada pola banda esquerda remata cunha falta perigosa de Catú e o segundo cartón para o central deixando con dez a un equipo que sería incapaz de reaccionar ao que pasou só un minuto máis tarde. Valencia pon un centro á área ante a defensa, que non evitou o remate, e Titi anota coa testa o gol da vitoria a quince minutos para o final.
En superioridade numérica e perdendo. O equipo quedou totalmente sen ideas e Ramón tivo que aparecer para evitar algún gol máis nun final que se empañou pola dureza do xogo por parte dos dous equipos. 
Finalmente, o Compos remata unha xornada máis sen puntuar e chegará ao derbi ante o Racing de Ferrol na metade da táboa. O Logroñés, pola súa parte, mantense no alto da táboa e este mércores xogará ante o Murcia o partido da primeira xornada aprazado. Ademais, este mércores en San Lázaro haberá o encontro dos oitavos de final da fase galega da Copa RFEF ante o Ordes. 

ALIÑACIÓN: Ramón; Catú, Portela, Alcañiz, Jimmy; Marcos, Manu Rodríguez (Lemos, min. 80); Jordan (Quim Araujo, min. 53), Teles (Iván Moya, min. 75), Moreira; e Borja Navarro. 
CARTÓNS: Amarelo para Iván Moya. Expulsado Catú por dobre amonestación.
GOLES: 0-1 76' Titi.
ESTADIO: San Lázaro. Algo máis de 1.000 siareiros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario