O bo momento está en xogo

Este sábado pola tarde o Compos terá que enfrontarse á Unión Deportiva Logroñés, único equipo rioxano da categoría. Dous equipos co ascenso como obxectivo principal fronte a fronte. O momento de facer válida á vitoria contra o Valladolid B a pasada tempada. Pero, sen dúbida, un partido moi difícil ante o actual sexto clasificado a pesar de contar cun partido menos.
Quinta xornada de Liga e a Esedé recibe a un dos grandes do grupo. A UD Logroñés descoñece a derrota no que vai de tempada despois de tres partidos, xa que o partido ante o Murcia da primeira xornada foi aprazado xa que o equipo murciano atopábase nun momento incerto coñecendo que xogaría na categoría de bronce só 72 horas antes do partido chegando á data prevista sen preparación. Tres partidos onde os homes de Carlos Pouso, adestrador coñecido por levar ao Mirandés de Segunda B ás semifinais da Copa do Rei e posteriormente á Segunda división, sumaron dúas vitorias ante Zamora fóra de Logroño con remontada inlcuida e Tropezón na casa con goleada incluida. Pola súa parte, ante o Atlético Astorga, equipo revelación, o partido rematou sen goles. Seis goles a favor e só dous en contra serviron aos roxibrancos para chegar a este partido a só un punto dos postos de promoción de ascenso. 
Históricamente, o novo equipo logroñés viaxa a Santiago por segunda vez na súa curta historia despois de caer en San Lázaro a pasada tempada por 2-0 cos dous goles no último cuarto de hora de xogo. Joselu abriu a lata desde os once metros e só dous minutos máis tarde Jordan fixo o segundo para sumar os tres últimos puntos da primeira volta.
En canto ás baixas, Iñaki Alonso pode contar por fin con todos despois da recuperación de Lemos, que podería estrearse hoxe. Sen embargo, debe facer unha lista de 16 xogadores antes do encontro da que se caerán varios xogadores. Pola súa parte, Carlos Pouso, deixou na casa a Herreros, Moisés Eguizábal, Michel González, Ander Gago, Miguel Santos e Antonio Amaro por decisión técnica e posiblemente coa mirada posta no encontro que xogarán en Murcia este mércores.
As entradas estarán á venta por 10 euros para o Fondo Norte, 15 en Preferencia e 20 en Tribuna. Ademais, o clube só abre a taquilla de Tribuna, onde os que non sexan socios deberán retirar as súas entradas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario