Volve a Liga!

Despois de tres meses, a Segunda B volve a San Lázaro. O inicio dunha liga que estivo a piques de ser aprazado polos problemas entre a LFP e o Real Murcia, que definitivamente será equipo da categoría de bronce compartindo grupo coa nosa Esedé. Pero iso xa é outro tema. Esta vez hai que falar dese agardado debut dun equipo renovado ante o Burgos este sábado despois dunha pretempada onde o equipo deixou boas sensacións canto máis foi pasando o tempo.
Os homes de Iñaki Alonso terán o primeiro partido importante do ano, xa que oficiais xa se xogaron dous cunha goleada e unha derrota, ante un rival de nivel similar nivel co que se compartiu o medio da táboa a pasada tempada. Un contrario que visitará San Lázaro por terceira vez na súa historia despois de sumar unha vitoria no 2003 (0-2) e unha derrota a pasada campaña (3-0) grazas a dous goles de Joselu e un de Manu Rodríguez, que chega a este encontro nun momento de forma inmellorable.
En canto aos dous equipos, como todos sabemos o Compos reforzouse en tódalas liñas mantendo só a seis xogadores da pasada tempada. Pola súa parte, o Burgos desfíxose de grandes pezas, entre elas o adestrador, e a pesar de reforzarse ben non puido gañar máis de dous partidos na pretempada, un deles ante un equipo das categorías inferiores do propio equipo branquinegro mostrando dúbidas para a afección local. 
No capítulo de baixas, Iñaki Alonso non poderá contar con Portela, lesionado. Pola súa parte, Fede Castaños conta coa baixa de Moke por sanción e deixa en Burgos a Del Val, Germán e Zamora por decisión técnica. 
O partido será o sábado ás 20 horas en San Lázaro e o asturiano Pablo Pérez Fernández será o encargado de impartir xustiza. Quen non poida achegarse ao campo poderá ver o encontro en directo pola TVG2. Ademais, para os máis tardóns, as oficinas estarán abertas para quen queira retirar o seu abono ata as 21h de forma excepcional. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario