O Compos xa ten o dianteiro que tanto se agardaba en San Lázaro. Borja Navarro chega a Santiago procedente do Albacete, equipo da Segunda división, en calidade de cedido. Dianteiro de 24 anos con experiencia na categoría de bronce e que xa sabe o que é sumar un ascenso á categoría soñada esta tempada.
O asturiano é o segundo dianteiro despois de Mensha con ficha no primeiro equipo e procede do Albacete, onde xogou a segunda metade da pasada campaña anotando un gol en algo máis de 600 minutos. Anteriormente, xogou nas filas do Caudal Deportivo anotando 8 goles e xogando xa os seus primeiros 90 minutos en San Lázaro aínda que coa camisola rival. Un dianteiro de calidade, que supera os 20 goles nas 5 tempadas que acumula na Segunda B na súa carreira, estreándose no filial do Sporting de Xixón na 2009/10, na que sumou os seus 4 primeiros goles.
Coa súa chegada, o equipo queda sen máis fichas de xogadores 'senior' polo que Iván Pérez non defenderá as cores azul e branco a vindeira tempada. Ademais, o propio xogador dixo na súa presentación que chega disposto a xogar o sábado no primeiro encontro se o adestrador o ve preciso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario