O Compos mantén o mal de ollo nos partidos lonxe de San Lázaro na Segunda B. O equipo agora dirixido por Iñaki Alonso non puido superar á Cultural Leonesa nun encontro onde os galegos foros superiores durante boa parte do encontro pero sen atopar o camiño á porta leonesa ata o tempo engadido. Un encontro onde o empate tamén puido ser xusto e no que Ramón, con tres paradas de mérito, foi o mellor dos nosos. En canto ao gol, Borja fixo o único do partido a centro de Diego Peláez, moi activo durante o tempo que estivo sobre o terreo de xogo.
Durante a primeira metade, a Esedé foi moi superior sobre o terreo de xogo. Manexo total do esférico pero sen posibilidades de gol ante un equipo que non permitiu aos galegos superar a liña divisoria do terreo de xogo. Pola súa parte, a Cultural foi de menos a máis provocando as mellores ocasións do encontro no último cuarto de hora da primeira metade.
Víctor e Diego Peláez, que buscou con insistencia o gol que prometeu celebrar días antes no Correo, topáronse con Ramón nas mellores xogadas dos primeiros corenta e cinco minutos mostrando o gran nivel do porteiro andaluz.
Xa na segunda metade o conto cambiou. A Cultural saiu a por máis, a polo gol, ante un equipo totalmente desaparecido sobre o terreo de xogo limitándose a defender as numerosas e perigosas ocasións sobre a porta defendida por Ramón. Sen embargo, ninguén soubo que facer para evitar un centro de Diego Peláez ao centro da área, onde Borja Martínez cabeceou a gol o único tanto da tarde.
Pouco máis do mesmo despois do gol. O Compos non reaccionou e a Cultural puido facer un segundo punto. Sen embargo, unha vez máis apareceu Ramón para evitar que os leoneses puideran poñer terra de por medio mantendo as esperanzas e as opcións de, polo menos, empatar o partido e volver cun punto a casa.
Do Compos pouco na segunda metade. De menos a máis, mellorando grazas aos trocos, o equipo tivo ocasións de facer o empate nos dez últimos minutos e no tempo de engadido, gozando de tres córners nos que Ramón subiu na busca dun gol importante.
Sen embargo, a Esedé volve de León sen puntos e deixando malas sensacións coa vista posta no seguinte partido na casa ante o Guijuelo, segundo clasificado igualado a puntos co Celta B.
ALIÑACIÓN: Ramón; Josu, Catú, Alcañiz, Jimmy; Marcos, Manu Rodríguez (Teles, min. 72); Jordan (Moreira, min. 57), Quim Araujo, Fondevila; e Mensha (Borja Navarro, min. 72).
CARTÓNS: Amarelos para Manu Rodríguez, Alcañiz e Jimmy.
GOLES: 1-0 60' Borja.
ESTADIO: Reino de León. Boa presenza de siareiros galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario