Esta fin de semana chega o Guijuelo a Santiago. Un equipo que con moito esforzo, non é un dos grandes, ocupa a terceira praza da clasificación. Un partido moi complicado ante un rival de calidade que está a facer as cousas moi ben ata o momento. Sen embargo, ao Compos non se lle dan mal os partidos na casa, cabe recordar a goleada ante o Zamora cando os casteláns eran os líderes da categoría.
Fredi chegará ao encontro coas baixas seguras de Jacobo, Fran Pastor e Germán e a dúbida ata última hora de Manu Rodríguez. Por contra, si poderá contar de novo con Gonzalo, que volta tras sanción. Pola súa parte, o adestrador do Guijuelo non poderá contar con Rubén Peña por sanción.
Na táboa, a diferenza é notable. Os salmantinos son terceiros con catorce puntos máis que o Compos e a só dous da cabeza da clasificación. Cuarto equipo máis goleador, a Esedé atópase na sexta posición, e o menos goleado. A nivel individual, contan con ata sete xogadores que pasaron dos tres goles, entre eles Antonio Pino con sete. E baixo paus Wilfred, porteiro menos goleado.
Historicamente, só se enfrontaron unha vez en San Lázaro, no 2010. Naquel momento, co equipo a piques de retornar a preferente, o resultado foi de 1-1 con gol de Iván González. Ademais, na primeira volta, en Guijuelo, o resultado foi de 1-1 con gol de Manu Rodríguez.
O partido será este domingo ás 17 horas en San Lázaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario