A Esedé rematará o 2013 este domingo en San Lázaro ante a UD Logroñés. Un partido para que o equipo branquiazul remate coa dinámica de malos resultados, seis partidos consecutivos sen coñecer a vitoria, e alonxarse dos postos de descenso a Terceira, agora mesmo a tres puntos.
Diante estará a Unión Deportiva Logroñés. Un equipo da zona media da táboa, ao igual que o seu veciño a SD Logroñés, que chega ao feudo branquiazul coa única intención de repetir a xesta lograda polo Racing de Santander, único equipo que saiu cos tres puntos de San Lázaro. Sen embargo, Raúl Llona non contará para o encontro con Moisés Eguizábal e Omar Chamadoira por decisión técnica, Eduardo Ubis e Sergio Martínez por sanción e Jaime Moreno por lesión.
Fredi, que recordou na rolda de prensa que na casa só gañou o equipo cántabro, só contará coa baixa de Julen recuperando aos demais efectivos para un partido moi importante, entre eles a Yahvé. Un encontro para retornar á vitoria, algo que non se consegue dende a visita do Celta B a San Lázaro, onde Joselu sumou dous goles, o segundo no tempo engadido.
Nun partido sen precedentes, Ángel Lekumberri será o que poña o balón en xogo realizando o saque de honor. O ex xogador do Compos e do Osasuna entre outros voltará a San Lázaro, onde foi un ídolo durante anos para asistir a un partido con carácter benéfico nas bancadas, xa que o clube está a recaudar comida para o banco de alimentos intercambiándoa por entradas.
Ao encontro os dous equipos chegan despois de diferentes resultados na pasada xornada. O Compos, como todos recordamos, non puido voltar con puntos da súa visita ao campo do Tropezón, nun partido de tolos. Pola súa parte, a UD Logroñés superou en Las Gaunas á SD Logroñés por 2-0.
A última cita deste ano será este domingo ás 17 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario