Derrota de tolos

A Esedé finalizará a primeira volta sen sumar ningunha vitoria lonxe de San Lázaro despois dunha derrota dura no último minuto do encontro. Un partido ante o penúltimo clasificado no que o Compos puido remontar un resultado adverso pero o equipo cántabro tamén soubo dar a volta ao resultado para levarse os tres puntos, cando máis xusto sería un empate. Jordan e Joselu por partida dobre, para aumentar como máximo goleador da categoría, firmaron os goles do equipo branquiazul.
Pensando na salvación, o Tropezón saiu cunha marcha máis e intentando impoñer un ritmo moi alto. Conseguiron meter ao Compos no seu campo e crear ocasións claras nos primeiros minutos. Ademais, superados os dez minutos chegou o primeiro gol do partido. Juan Fresno finalizou unha contra do equipo cántabro tras un pase de Perujo desde a banda dereita. 
O gol fixo que o Compos aumentase a intensidade do encontro. Os de Fredi controlaron o balón pero os erros sucedéronse, sobre todo nos últimos metros do campo contrario. Ante un equipo inofensivo, o Tropezón apenas tivo que esforzarse para marchar ao descanso cunha renta bastante cómoda. E é que, de novo a pase de Perujo, Rafa puxo terra de por medio. 
O paso por vestiarios foi moi importante para o equipo galego. Despois do descanso e con Peláez e Jacobo no terreo de xogo, o equipo foi outro moi diferente. En só dous minutos Jacobo puxo un balón para Jordan e este aumentou as esperanzas branquiazuis. Esperanzas que Joselu fixo realidade en cuestión de catro minutos con dous goles máis, ambos tras erros da defensa local. 
Primeira remontada do partido, o Compos por diante e a vitoria a media hora de consumarse de manter o mesmo nivel. Joselu, xogador máis destacado unha semana máis, buscou o cuarto da tarde con boas ocasións sempre topándose co porteiro, importante na vitoria local. 
Sen embargo, un penalti trocou todo. O Tropezón aumentou a intensidade na busca do gol á desesperada e despois dun gol anulado por unha falta sobre Lorenzo Fresno non errou desde os once metros. Novamente o empate no luminoso, o máis merecido nun partido de tolos e con vinte minutos por diante no que calqueira podía levarse a vitoria. 
O perigo sucedeuse nas dúas porterías pero só Álex obtivo o seu premio desde fóra da área firmando o 4-3 definitivo. Sen embargo, na derradeira do partido Jacobo non conseguiu marcar a porta baleira perdoando un punto.

ALIÑACIÓN: Lorenzo; Borja, Germán (Jacobo, min. 45), Catú, Jimmy; Gonzalo; Jordan (Fran, min. 80), Manu Rodríguez, Jesús; Nacho (Peláez, min. 45) e Joselu. 
CARTÓNS: Amarelos para Jesús, Gonzalo, Catú e Manu Rodríguez.
GOLES: 1-0 11' Fresno, 2-0 33' Rafa, 2-1 48' Jordan, 2-2 54' Joselu, 3-2 58' Joselu, 3-3 71' Fresno, 4-3 90' Álex.
ESTADIO: Santa Ana. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario