Ven o colista

O Compos volta a San Lázaro este domingo coa difícil misión de recuperar as boas sensacións e reatopar o camiño á vitoria. Obrigados a sumar os tres puntos para fuxir dos postos de descenso e achegarse máis á tranquilidade, os de Fredi recibirán esta fin de semana ao colista da categoría.
Duodécimo contra décimo noveno e só seis puntos de diferencia entre eles, algo que demostra o apretada que está neste momento a clasificación. Tres puntos en xogo moi importantes xa que a vitoria podería aproximar á Esedé aos postos altos, soño da afección branquiazul a estas alturas un tanto imposible.
Para este encontro, o de Moaña non poderá contar con Yahvé, Jesús Varela nin Adrián. Sen embargo, recuperará a Catú e Julen, que non puideron estar ante o Burgos a pasada semana. Pola súa parte, o adestrador cántabro non poderá ter ao seu mando a gran parte dunha plantilla que está a pasar por moitos problemas económicos, ata o punto de que a pasada xornada tiveron problemas ata para pagar ao árbitro. 
Os dous equipos chegan despois de caer a semana pasada ante o Burgos e a SD Logroñés respectivamente. Os santiagueses non puideron facer máis ante as lesións e a mala sorte. O Noja caeu na casa ante o equipo rioxano nun encontro no que destacou a acta arbitral. E en canto á tempada en xeral, o Compos é un dos mellores equipo como local despois de sumar 14 de 21 puntos posibles. Os cántabros, por contra, son o peor equipo da categoría. A domicilio, os de Óscar Miguel Tapiador sumaron ata o de agora 7 de 24 puntos posibles con 4 empates e unha vitoria ante o Coruxo por 1 gol a 5. 
O encontro será este domingo ás 17 horas en San Lázaro e poderá verse, unha vez máis, pola TVG2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario