O Compos non puido pasar do empate ante o Noja, colista, nun partido onde os santiagueses dominaron a pesar de non realizar un bo xogo. Un encontro onde os cántabros só chegaron á porta de Lorenzo en dúas ocasións e firmaron un gol. Pola súa parte, Joselu, o mellor do equipo, só pudo superar a Rafa, o mellor do partido, desde os once metros.
Unha vez máis, e van cinco consecutivas, o Compos remata o partido sen poder sumar os tres puntos. Sen embargo, o equipo foi superior notablemente no terreo de xogo tendo numerosas ocasións dende o comezo. Baixo paus, na porta visitante, Rafa demostrou un gran nivel evitando unha goleada importante. O de Ciudad Real mostrouse seguro e convertiuse no pesadelo da dianteira branquiazul.
Ante o asedio constante por parte do equipo local, o Noja atopou a porta local nun contraataque tan rápido como efectivo. Cando mellor estaban os de Fredi, por segunda vez vendo o partido nas bancadas, Nacho Rodríguez aproveitouse para adiantar aos seus. Pero o resultado adverso só durou uns minutos. A reacción instantánea fíxose efectiva cun gol de Joselu desde os once metros despois de que Diego Peláez fora derrubado na área.
Xa na segunda metade só existiu un equipo sobre o terreo de xogo. O Compos tomou o manexo do partido e do balón pero sen saber que facer. A falta de ideas levou ao equipo a buscar a porta sen acerto. Numerosas ocasións e todas elas sen puntería ou atopándose, de novo, co porteiro.
O 2-1 estivo moi preto en varias xogadas aumentando a intensidade no xogo branquiazul co paso dos minutos. Sen embargo, a falta de sorte foi, unha vez máis, o gran rival dun Compos que puido ver como se anulaba por fóra de xogo un gol a Jordan ou como Nacho non chegaba a un balón coa porta baleira.
ALIÑACIÓN: Lorenzo; Borja, Germán, Catú (Taboada, min. 76), Jimmy; Gonzalo, Fondevila; Manu Rodríguez (Jordan, min. 58), Peláez, Jacobo (Nacho, min. 65); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelo para Germán.
GOLES: 0-1 35' Nacho Rodríguez, 1-1 40' Joselu.
ESTADIO: San Lázaro. 1.100 persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario