A Esedé xogará lonxe de San Lázaro por última vez neste 2013. Un encontro contra o penúltimo clasificado onde o equipo buscará a primeira vitoria a domicilio no que vai de tempada e romper así a mala dinámica de resultados pola que está a pasar o conxunto branquiazul. Diante estará o Tropezón, que de sumalos tres puntos podería deixar os postos de descenso.
Este domingo, dous equipos necesitados de puntos veranse as caras nun partido onde unha vitoria sería moi importante para ambos. O Compos chega, unha semana máis, como décimo segundo clasificado. Pola súa parte, o Tropezón cántabro é décimo oitavo e destaca como o segundo equipo menos goleador da categoría e terceiro máis goleado. Sen embargo, a diferencia entre un e outro equipo é só de catro puntos, algo que demostra unha vez máis o que haberá que sufrir de aquí ao final da tempada para manter a categoría.
Para este encontro, Fredi perderá por lesión a Adrián, Jorge e Julen, que terá que pasar polo quirófano, mentres que recupera a Yahvé, nova moi importante para o once branquiazul. Pola súa parte, o adestrador cántabro poderá contar con todo o plantel.
En canto ao que vai de tempada, o equipo de Tanos sumaron como locais 11 de 24 puntos posibles, catro menos dos que levan en total. Pola súa parte, e como todos sabemos, o Compos non puido sumar aínda a primeira vitoria fóra, aínda que en máis dunha ocasión estivo moi preto.
O partido será este domingo ás 17 horas en Santa Ana, campo de herba artificial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario